Ourense. Auria.

   
C.I.F.P A  Carballeira - Marcos Valcárcel.
  •  Praza da Lexión s/n.
  •  32002-OURENSE.  
  •  Tfno.: 988-788470  
  •  Fax   : 988-788482
 Email:  Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
 codigo qr
 
     O centro está situado no barrio ourensán da Carballeira  entre os barrios do Couto, o Xardín do Posío e os concellos de Toén e Barbadás.Pódese chegar a el dende o Xardín do Posío ou dende a carretera de Celanova pola Av. de Marcelo Macías, subindo por Arturo Vázquez Núñez e Benito Fernández Alonso ata a Praza da Lexión, dende o barrio do Couto e centro da cidade pola Avda. de Portugal subindo por Rampa Riestra e Benito Fernández Alonso e dende Cabeza de Vaca pola rúa Castelo Ramiro que baixa ata a Carballeira.

mapa estático de Gogle-Maps

En Ourense dende 1969

Historia.

O "I.E.S. A Carballeira" naceu no ano 1969 como Escola de Mestría Industrial na que inicialmente se impartían ensinanzas das Ramas de Mecánica, Metal e Electricidade. A súa creación estivo vencellada ás políticas educativas de finais dos anos 60 e primeiros 70 e, máis concretamente, ó desenvolvemento da "Ley General de Educación" de 1970 e o Plan Escolar de Galicia, impulsado en grande medida polo ourensán Eugenio López y López, entón Director Xeral de ensino primario. Desta época datan a maioría dos grupos escolares das provincias e tamén varios dos institutos de secundaria e F.P., saída natural dos novos alumnos escolarizados, especialmente nas vilas e cabeceiras comarcais da provincia. A súa plantilla inicial estaba composta por 10 profesores titulares, 3 adxuntos e 5 mestres de taller.

Politécnico.

No ano 1975 pasou a denominarse Instituto Politécnico de Formación Profesional debido á gran cantidade de especialidades que nel se impartían.
Posteriormente o centro foi acollendo novas ramas e especialidades: Delineación, Electrónica, Automoción, Administrativa e Comercial,   ata que o seu propio crecemento natural deu lugar a novos centros de F.P. como o Instituto de "A Farixa" (curso 1981/82). Centro que se iniciou cos propios profesores e alumnos das especialidades de Delineación e Electrónica procedentes do Instituto Politécnico. No curso 1987/88 os profesores e alumnos das Especialidades de Metal e Electricidade  pasaron para  engrosar o claustro do Instituto "12 de Outubro".

lenzo de Marcos Valcárcel

I.E.S.

Como consecuencia das sucesivas ampliacións o modificacións da oferta educativa, houbo que ampliar e reestructurar o edificio. Inicalmente foi construída a ala frontal Oeste e a zona de talleres (destinada na actualidade a aulas polivalentes e laboratorios da familia de Sanidade). Posteriormente ampliouse a zona que hoxe ten dúas plantas. Os talleres de electricidade e metal reconvertéronse en laboratorios da rama sanitaria (1988).
No ano 1996 levouse a cabo a construcción da cancha cuberta. Durante o curso 1997/98 reestructuráronse os talleres de automoción en novos laboratorios da Familia Sanitaria, taller de Tecnoloxía, Plástica e os laboratorios de Física, Química e Ciencias para dar cabida ós alumnos da E.S.O.  e Bacharelato; por outra parte, instalouse un elevador e o sistema de extinción de incendios. 
 No ano 2000 eliminouse o talude situado na zona posterior do recinto e habilitouse o espacio como zona de recreo.
A finais do curso 2011/12 mudou de nome o centro, pasando a chamarse "I.E.S A Carballeira-Marcos Valcárcel" como homenaxe o que fora profesor do centro e historiador, Marcos Valcárcel López.

C.I.F.P.

No curso 2013/14 desaparece a ESO e o Bacharelato ao convertirse nun Centro Integrado de Formación Profesional no que se imparten ensinanzas das Familas de Sanidade, Informática e Química.
Nos últimos anos, o noso centro educativo participou en diversos proxectos europeos, sirvan a modo de exemplo os seguintes:
  • Comenius 1. Asociacions escolares. Proxecto 03-ESP01-S2C01-00795-1: “Prevención de la anorexia y de la bulimia. Una dieta sana y equilibrada. Similitudes y diferencias entre las culturas alimentarias europeas”. Años 2004 y 2005
  •  Comenius 1. Asociacions escolares. Proyecto 2010-1TRI1-COM06-13645 7: “Harmony of the Festivals. Joy of Cultures”. Años 2010-2012

SOCIAL-MEDIA

Síguenos en Facebook  canal Youtube