Familia: Química.
Nome ciclo: Operacións de Laboratorio.
Grao: Medio.
Qué se aprende a facer?
Preparar mostras e realizar ensaios físicos, análises químicas e probas microbiolóxicas, seguindo procedementos e métodos analíticos establecidos e respectando as normas de seguridade e ambientais prescritas.
Onde se realiza o traballo?
Control de calidade, tanto de materias primas como de produtos intermedios e finais.
En qué postos de traballo?
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos |
Horas |
Química aplicada |
240 |
Mostraxe e operacións unitarias de laboratorio |
213 |
Probas fisioquímicas |
187 |
Almacenamento e distribución no laboratorio |
80 |
Seguridade e organización no laboratorio |
133 |
Formación e orientación laboral |
107 |
Principios de mantemento electromecánico |
105 |
Servicios auxiliares no laboratorio |
70 |
Técnicas básicas de microbioloxía e bioquímica |
123 |
Operacións de análise química |
156 |
Ensaios de materiais |
123 |
Empresa e iniciativa emprendedora |
53 |
Formación en centros de traballo |
410 |
Que título se obtén?
Técnico en laboratorio.
A qué outros estudos se pode acceder
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.
Cales son as saídas profesionais?
Este profesional exerce a súa actividade en empresas e laboratorios de distintos sectores, onde sexa preciso realizar ensaios físicos, fisicoquímicos, químicos e microbiolóxicos, e manter operativos os equipos e instalacións auxiliares orientados ao control de calidade.
Nome ciclo:
Laboratorio de análise e de control de calidade.
Grao: Superior.
Horas: 2000.
Qué se aprende a facer?
Organizar e coordinar as actividades de laboratorio e o plan de mostraxe, realizando todo tipo de ensaios e análises sobre materias e produtos en proceso e acabados, orientados á investigación e ao control de calidade, así como interpretar os resultados obtidos, actuando baixo normas de boas prácticas no laboratorio.
Onde se realiza otraballo?
En empresas ou laboratorios de distintos sectores onde cumpra realizar ensaios físicos e fisicoquímicos, e análises químicas e instrumentais en materias e en produtos orientados ao control de calidade e á investigación, así como naqueles en que sexa preciso realizar probas microbiolóxicas e biotecnolóxicas en áreas ambientais ou de alimentación, entre outras.
En qué postos de traballo?
Analista de laboratorios de titularidade pública ou privada, analista de laboratorio químico, analista de laboratorio microbiolóxico, analista de laboratorio de materiais, analista de laboratorio de industrias agroalimentarias, analista de laboratorio de industrias transformadoras, analista de centros de formación, investigación e desenvolvemento, analista microbiolóxico/a de industrias alimentarias, empresas ambientais e industrias biotecnolóxicas, analista microbiolóxico/a de augas potables e residuais, analistas de control microbiolóxico da industria farmacéutica, analista de materias primas e acabamentos, técnico/a de laboratorio de química industrial, técnico/a en control de calidade en industrias de manufacturas diversas, técnico/a de ensaios de produtos de fabricación mecánica, técnico/a de ensaios de materiais de construción.
Cales son os módulos deste ciclo?
Módulos |
Horas |
Análise instrumental |
226 |
Análises químicas |
320 |
Calidade e seguridade no laboratorio |
123 |
Empresa e iniciativa emprendedora |
53 |
Ensaios biotecnolóxicos |
105 |
Ensaios fisicoquímicos |
160 |
Ensaios físicos |
123 |
Ensaios microbiolóxicos |
160 |
Formación e orientación laboral |
107 |
Formación en centros de traballo |
384 |
Mostraxe e preparación da mostra |
213 |
Proxecto de laboratorio de análise e de control de calidade |
26 |
Que título se obtén?
Técnico superior en laboratorio de análise e de control de calidade.
A qué outros estudos se pode acceder
Acceso directo aos estudos universitarios de grao e a outro ciclo formativo de grao superior.
Cales son as saídas profesionais
Este profesional exerce a súa actividade en empresas e laboratorios de distintos sectores, onde sexa preciso realizar ensaios físicos, fisicoquímicos, químicos e microbiolóxicos, e manter operativos os equipos e instalacións auxiliares orientados ao control de calidade.
© 2021 CIFP Carballeira