Protocolo a seguir para o profesorado.
Ao oír a Alarma Acústica de Emerxencia (3 tons consecutivos do timbre de cambio de clase ou serea de incendios):
- Cada profesor evacuará unicamente a aula que lle é asignada na súa quenda de clase, cara ao PUNTO DE ENCONTRO.
- Antes de iniciar a evacuación, preveña posibles traballos que esté realizando e que poidan ser orixe doutra emerxencia.
- Se hai alumnos con mobilidade reducida, deberase asignar un ou dous compañeiros de apoio para que o axuden. En caso de non poder evacuar o devandito alumno, cederá os seus alumnos ao profesor da aula contigua (ou mais próxima) e confináselle na súa clase
- A frase a expresar deberá ser curta e concreta: "Existe unha Emerxencia Xeral e debemos desaloxar agora o centro; seguiremos unha orde ata chegar ao punto exterior de encontro onde se dará máis información".
- Para a evacuación de clase os alumnos colocásense en fila, que será encabezada polo delegado e finalizada polo profesor (de forma que quede controlada toda a clase). O profesor contará os alumnos que ten.
- O profesor ao ser o último en saír de clase, comproba que non queda ninguén dentro (ollo con servizos, aseos, vestuarios...etc., por exemplo no ximnasio) e confirmará que se pechan portas, ventás (se é posible) e corte de subministración eléctrica (no cadro se existe, ou senón corte do interruptor de iluminación) da aula e a marcase a clase que foi evacuada e revisada (p. ex. cun papel na zona de peche da porta ou cunha cadeira na porta).
- As prioridades de evacuación entre as aulas serán as seguintes:
- En cada planta terá prioridade de saída a aula que está máis próxima á saída exterior.
- Entre plantas terá prioridade as plantas máis baixas con respecto ás máis altas.
- Durante a evacuación, os diferentes grupos irán en fila, arrimados á parede e en zonas de escaleiras se colocasen tamén pegados á parede (do lado oposto do oco de escaleira, que será o acceso aos servizos de emerxencia).
- O último profesor de cada planta en saír, ademais de ir pechando as porta que poidan encontrarse nos corredores e en escaleiras; comprobará que non queda ninguén nesa planta (só revisase aqueles locais non marcados como revisados (que non teñan papel, silla...etc).
- A evacuación dirixirase cara ás vías de evacuación máis próximas e seguras (siga criterios de sinalización de evacuación).
- Siga as pautas correctas dunha boa evacuación.
Recomendacións:
- Guía de boas prácticas durante a evacuación
- Manter a orde ao saír, non correr, non berrar e fale o menos posible.
- Axude e sexa solidario con aqueles que por calquera causa teñan diminuídos as súas facultades físicas (é conveniente asignar uns alumnos que en caso de emerxencia puidesen axudalo).
- Evite a curiosidade; e se a súa presenza non é necesaria debe permanecer en zonas de conflito ou evacuación.
- Utilice as vías e portas de evacuación que están marcadas e sinalizadas, seguindo as indicacións e dirección sinalizada en sinalización fotoluminiscente de evacuación).
- Non se demorar a recoller obxectos persoais.
- Non utilizar os ascensores nin ramplas mecánicas durante a evacuación.
- Realizar a evacuación a rentes de chan en caso de presenza de fumes.
- Se queda bloqueado nunha estanza, deixe as portas pechadas, abra as ventás e axite os brazos pedindo axuda.
- DIRIXIRSE AO LUGAR DE REUNIÓN FIXADO E PERMANECER NEL ATA RECIBIR INSTRUCIÓNS.
Punto de encontro.
- Seguirá mantendo a fila en orde.
- Verificase contando que ten todos os alumnos que había na aula.
- Buscará ao membro do equipo de identificación e control (secretario ou xefe de estudos) que esta con chaleco e transmitiralle de que clase é e se están todos os alumnos así como outros datos de interese que vexa convintes.
- Manterá os alumnos controlados ata que o director transmita o fin da emerxencia.
