DATAS DAS REUNIÓNS GRUPAIS DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS:
IMPORTANTE...!
As reunións grupais vanse levar a cabo mediante VÍA TELEMÁTICA.
O prazo para presentar emenda de documentación ou reclamación será do xoves 20 de febreiro ao venres 6 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.
Acceso á enmenda da documentación presentada: https://www.edu.xunta.es/acreditacion/
Accedendo ao seu expediente, na pestana 2.2, deberá confirmar a recepción da convocatoria da reunión e serverá de comunicación ao asesor.
Recordar que a asistencia á reunión é obrigatoria, e a falta de asistencia inxustificada provocará a perda de condición de admitido/a ao procedemento. A xustificación deberá ser presentada no centro nos cinco días seguintes aos da sesión, por escrito e acompañada da documentación xustificativa.
Taxas.
Taxas. Se vostede foi admitido para iniciar o proceso de acreditación de competencias, para ter dereito a participar nas fases de asesoramento e avaliación terá que formalizar o pagamento das taxas correspondentes previamente á realización de cada unha das fases. Para a fase de asesoramento o xustificante de pago entregarase ao inicio da reunión grupal. No seguinte enlace pode acceder a toda a información relacionada http://www.edu.
Para iniciar o pagamento de taxas acceda á Oficina Virtual Tributaria da Axencia tributaria de Galicia e siga a ruta Cidadáns > Pago telemático de taxas e prezos > Iniciar taxa.
Pode xerar o modelo AI de autoliquidación de taxas para completar a man e presentar na oficina bancaria, no seguinte enlace Modelo autoliquidación.
Códigos para cumprimentar o modelo A para a fase de asesoramento:Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Código 07.
Delegación de Servizos Centrais: Código 13.
Servizo de Secretaría Xeral: Código 01.
O candidato admitido para a realización da fase de asesoramento deberá aboar unha única taxa de 20,73 euros. O xustificante do pagamento deberáselle entregar ao asesor na primeira reunión de asesoramento que se realice, polo que será necesario tela realizada polo menos no día anterior.
O xustificante da taxa de avaliación entregaráselle á comisión de avaliación cando o candidato sexa citado para realizar esta fase, polo que non debe realizarse ata rematada a fase de asesoramento.
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e de persoas excluídas por non cumprir os requisitos para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2019.
Data de publicación: 27.03.2019
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes dende o día seguinte ao de publicación das listaxes definitivas, que se deberá presentar nos lugares sinalados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Prazo para realizar un recurso de alzada: do 28 de marzo ao 26 de abril de 2019, ambos os dous incluídos.
Procedemento para presentar o recurso de alzada: Débese xerar un recurso de alzada no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>>, e posteriormente entregalo nun rexistro ou por correo, segundo o establecido na normativa.
Nas listaxes definitivas figuran as persoas admitidas e/ou excluídas agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia.
Descargar documento Listaxe Acreditacións definitivas.
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2019.
Data de publicación: 13.03.2019
Prazo para realizar reclamacións: do 14 ao 19 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
Se vostede atopa algunha incidencia ou non está de acordo coas listaxes, debe realizar unha reclamación segundo o procedemento que se indica a continuación.
Procedemento para presentar a reclamación:
Nas listaxes provisionais figuran as persoas solicitantes agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia.
Listaxe do Cifp A Carballeira-Marcos Valcárcel: http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8043
© 2021 CIFP Carballeira