Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2019.

Data de publicación: 13.03.2019

Prazo para realizar reclamacións: do 14 ao 19 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.

Se vostede atopa algunha incidencia ou non está de acordo coas listaxes, debe realizar unha reclamación segundo o procedemento que se indica a continuación.

Procedemento para presentar a reclamación:

  •  Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> – e posteriormente entregala na sede onde está inscrito para realizar o procedemento ou por correo segundo o establecido.

Nas listaxes provisionais figuran as persoas solicitantes agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia.

Listaxe do Cifp A Carballeira-Marcos Valcárcel: http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8043

 

provisionais acreditacion A Carballeira Descargar documento Listaxe Acreditacións provisionais.

 

Publicación das listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2015.

As persoas que  figuran na listaxe de solicitantes que precisan emendar a documentaciónachegada coa súa solicitude poden coñecer os erros detectados na súa solicitude na ligazónwww.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Edición de solicitudes e consulta de expedientes>> –indicando o número da súa solicitude e o seu PIN–, ou tamén na sede onde presentou a solicitude.

As persoas que figuran na listaxe de solicitantes maiores de 25 anos que non poidan xustificar a documentación esixida deben coñecer que a súa solicitude e a súa documentación vai ser analizada pola comisión coordinadora do procedemento de acreditación de competencias.

Para todas as listaxes, independentemente da listaxe na que figure, debe verificar que os datos persoais ou as unidades de competencias solicitadas coinciden coas da listaxe. Se detecta algún erro debe presentar unha reclamación.

Se non figura en ningunha listaxe, cargou a súa solicitude na aplicación dispoñible en www.edu.xunta.es/acreditación e entregou a documentación nalgunha sede, poderá presentar reclamación na mesma sede.

O prazo para presentar emenda de documentación ou reclamación será do venres día 27 de febrero ao luns 9 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.

Procedemento para presentar emenda de documentación ou reclamación:Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezowww.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> – e posteriormente remitila á sede onde entregou a súa solicitude.

A continuación atopará as listaxes de solicitantes que non precisan emendar a documentación, solicitantes que precisan emendar a documentación ou solicitantes maiores de 25 anos que non xustifican a documentación agrupadas polo Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) sede de participación.

O obxecto da acreditación de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais. A finalidade consiste en recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación, así como acreditar as compentencias profesionais adquiridas polas persoas traballadoras e contribuír así á capitalización dos seus saberes e ao fomento da súa aprendizaxe ao longo da vida. As unidades de competencia constitúen o referente que lles proporciona a identidade profesional ás persoas aspirantes, e fai posible a transformación dos datos procedentes da súa actividade profesional e das aprendizaxes non formais en evidencias de competencia válidas para a avaliación do seu desempeño activo. A acreditación de unidades de competencia farase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes.

Máis información clicar :

SOCIAL-MEDIA

Síguenos en Facebook canal Youtube Instagram